As instalacións da APLTA foron deseñadas especificamente para albergar unha planta piloto semiindustrial e os seus laboratorios de análises. Así mesmo, co obxectivo de que todo o edificio fose enerxeticamente eficiente, utilízanse enerxías renovables para a súa climatización mediante unha instalación de enerxía xeotérmica.

A superficie total do centro é de 2.600 m2, dos que 1.900 m2 corresponden á área tecnolóxica, 300 m2 á zona destinada a laboratorios e 400 m2 ás salas de servizos auxiliares.

A planta piloto é unha verdadeira área industrial cunha distribución dos espazos que evita os cruzamentos de circuítos (separación de zonas limpa e sucia). As salas de proceso contan cun deseño hixiénico, climatización independente e control da pureza ambiental con presión positiva de aire filtrado.

Mediante equipamentos de última xeración, nos laboratorios cumprimos cos requisitos de ergonomía e seguridade.