Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias

Formación especializada e servizos tecnolóxicos avanzados a empresas e entidades do sector lácteo e alimentario.

Presentación

A Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias (APLTA) é unha Plataforma Tecnolóxica Mixta da Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e o Desenvolvemento Tecnolóxico (RIAIDT) pertencente á Universidade de Santiago de Compostela.

Misión

Contribuímos a potenciar a industria alimentaria, particularmente láctea, mediante a xeración de novo coñecemento a través de liñas propias de I+D+I, prestación de servizos tecnolóxicos, desenvolvemento e mellora de produtos, formación, sen esquecer a transferencia do coñecemento ao sector e á sociedade prestando asesoramento técnico e apoio a novas iniciativas empresariais.

Planta piloto

Visión

Somos un centro tecnolóxico referente ao servizo da industria láctea e alimentaria, sensible ás necesidades do sector e ás tendencias de mercado. Buscamos ser quen de xerar coñecemento e transferilo para contribuír a crear un sector máis competitivo e con futuro.

Formación presencial

Valores

  • Responsabilidade coa nosa contorna e a sustentabilidade.
  • Compromiso co cliente, confianza e integridade nas relacións.
  • Visión holística.
  • Colaboración.
  • Calidade, excelencia operativa e transferencia de resultados.
APLTA - USC

Sobre nós

A nosa actividade fundaméntase na innovación, na investigación e no desenvolvemento de produtos lácteos e outros alimentos, e compleméntase con outros servizos clave como a formación (presencial ou a distancia) e a asistencia técnica a empresas ou análises de alimentos, entre outros. Para desenvolver esta actividade contamos cun equipo humano altamente cualificado e multidisciplinar.


Situados no Campus Terra da USC, dispomos dunha das plantas piloto para a industria láctea e alimentaria máis completas de Europa dotada dunhas instalacións e medios técnicos que permiten reproducir os procesos industriais máis representativos destas industrias.