A APLTA conta cun equipo destinado a converter produtos líquidos en po de forma experimental ou en produción a pequena escala.
Este equipamento confórmano un evaporador en continuo de película descendente, que deshidrata produtos líquidos con diferentes graos de humidade mediante evaporación a baixas temperaturas, e unha torre de secado por atomización multietapa, que deshidrata os produtos en estado líquido até convertelos en po. Co fin de poder tratar o maior número posible de produtos, o equipamento conta cunha elevada versatilidade en relación a posibles configuracións e regulación de parámetros de tratamento.
Mediante estes procedementos de evaporación e secado, é posible desenvolver unha serie de liñas de traballo en función das necesidades do cliente:
- Funcionalización física de proteínas lácteas/alimentarias.
- Elaboración de produtos lácteos deshidratados.
- Secado doutros alimentos ou aditivos.
Os equipos mencionados poden ser combinados con técnicas de concentración por filtración tanxencial.