A sala de pretratamentos e mesturas é unha área intermedia da planta piloto dotada de diferentes equipos que permiten unha gran versatilidade de aplicacións: estandarización en materia graxa ou proteína, tratamento térmico de pasteurización, homoxeneización, incorporación de ingredientes e aditivos, e/ou almacenamento refrixerado antes de pasar, no seu caso, á seguinte área de proceso.