Dispomos dunha instalación para o tratamento térmico UHT e posterior envasado aséptico de produtos lácteos líquidos e de viscosidade moderada. O deseño dos equipos permite realizar un tratamento térmico directo por inxección de vapor ou indirecto. A versatilidade das instalacións inclúe ciclos de temperatura e tempos aplicados moi amplos, e mesmo pode levarse a cabo a homoxeneización antes ou despois do tratamento térmico.
Con respecto ao envasado, existen dúas posibilidades:
- Envasado hixiénico en cabina de fluxo laminar empregando envases estériles.
- Envasado aséptico en Tetra Slim de 200 ml e embalaxe en caixa de cartón de 24 unidades.