Salas de apoyo

Dentro das nosas instalacións localízanse unha serie de salas de apoio necesarias para desenvolver completamente os produtos.

  • Sala polivalente: é unha ampla sala dotada de varias conexións a todos os servizos auxiliares necesarios onde se poden instalar tanto o equipamento de apoio dispoñible na APLTA como os equipos piloto doutras empresas, clientes ou provedores.
  • Desenvolvementos preliminares: esta sala conta co equipamento necesario para a proxección inicial dos produtos a nivel de laboratorio, o que nos permite realizar unha serie de ensaios previos antes de efectuar o escalado a nivel piloto e semiindustrial.
  • Aplicacións culinarias: dispomos dunhas instalacións adecuadas para desenvolver aplicacións culinarias que facilitan a análise do comportamento dos produtos desenvolvidos na súa utilización final. As dotacións desta sala baséanse no equipamento dunha cociña industrial e están adaptadas ás necesidades concretas desta instalación.