A pertenza á Universidade de Santiago de Compostela fai que, desde as súas orixes, a Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias nacese cunha clara vocación docente.
Desde os nosos inicios en 1993 ata a actualidade organizamos numerosos cursos, xornadas e workshops sobre aqueles temas de especial interese para o sector, ben en función das inquietudes e demandas deste, ben como resultado de nosa propia actividade de vixilancia tecnolóxica.
Unha parte importante das nosas actividades de formación constitúea a formación continua para empresas, tanto na propia fábrica do cliente como nas nosas instalacións. Dispomos dunha planta piloto que está dotada de diverso equipamento que permite reproducir, a diferentes escalas, os procesos máis representativos da industria láctea e alimentaria. Este último caso está orientado a aquelas empresas que buscan unha capacitación teórico-práctica moito máis didáctica ca as accións exclusivamente teóricas.
O deseño da formación é sempre á medida de cada cliente e pode enfocarse desde diferentes metodoloxías:
- Formación presencial nas propias empresas e/ou nas nosas instalacións con carácter teórico ou teórico-práctico.
- Formación a distancia a través da nosa plataforma de teleformación.
- Formación mixta, combinando a formación a distancia anterior con prácticas na nosa planta piloto.