Os servizos ofertados polo Laboratorio de Análise Sensorial da APLTA poden ser englobados en dous grandes bloques:
ESTUDOS ANALÍTICOS
O Laboratorio de Análise Sensorial dispón de tres tipos de paneis en función do traballo que se vai realizar:
- Panel de expertos: contamos con dous paneis de catadores expertos seleccionados e adestrados para avaliar sensorialmente produtos lácteos. Estes paneis levan a cabo o seu traballo nunha sala de cata especialmente acondicionada, deseñada segundo as recomendacións dadas polo Instituto de Racionalización e Normalización (IRANOR), e os métodos de traballo empregados seguen as directrices marcadas polo devandito instituto e a Federación Internacional de Lechería.
- Panel interno: constituído por traballadores da APLTA adestrados para avaliar características moi concretas de determinados produtos.
- Panel de consumidores: actualmente dispomos dunha base de datos constituída por 250 consumidores aos que se recorre para que respondan a preguntas hedónicas relacionadas con preferencias, grao de aceptación, etc.
Desta maneira, o Laboratorio de Análise Sensorial da APLTA ofrece solucións a moitos problemas que se lle presentan á empresa alimentaria no seu día a día. Prema nos seguintes botóns para ver exemplos concretos:
FORMACIÓN
A formación en sensorial, do mesmo xeito que toda a formación impartida pola Aula, pode desenvolverse de maneira presencial (teoría e práctica nas nosas instalacións ou nas do cliente), semipresencial (teoría na nosa plataforma de teleformación e prácticas na nosa sala de cata ou nas instalacións do cliente) ou online (teoría e práctica realizada na nosa plataforma de teleformación).